CAPELA DA VIRXE DAS DORES
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Olveira (Santa María)
Lugar: Sirves
15969 Ribeira - A Coruña
Coordenadas: 42º 35' 15.9" N - 9º 01' 28.9" W
Descrición
Esta capela construída a principios do s. XX, está formada por unha planta cadrada á que se lle une unha capela coa planta case cadrada tamén e de menores dimensións. Os seus muros son de cadeirado de granito con cuberta a dúas augas de tella plana, substituíndo á cuberta orixinal que probablemente sería de tella curva do país. A fachada é dunha composición moi simple, con cornixas a dúas augas interrompidas no vértice por unha pequena peaña sobre a que descansa un arco de medio punto que sostén a campá. Nela ábrese unha sinxela porta de forma rectangular. No interior podemos ver un púlpito en esquina pegado ao arco de acceso ao presbiterio.
Acceso
Dende Ribeira, tomaremos a estrada xeral C-550 en dirección a Porto do Son e Noia. A uns 5 km chegamos ao cruzamento de Oleiros. Tomaremos a pista da esquerda que indica Corrubedo. Pasado o lugar de Bretal (2 km), a uns 150 m aparecerá un cruzamento cunha pista á esquerda cun indicador a Sirves, lugar onde se atopa a capela.
Camiños de Santiago
Ruta do Mar de Arousa e Ulla