IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE LÍNCORA
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Líncora (San Pedro)
Lugar: A Eirexe
27514 Chantada - Lugo
Coordenadas: 42º 35' 53.9" N - 7º 44' 30.9" W
Descrición
A obra contratouse o 12 de xuño de 1803, segundo planos de Andrés Ferreiro, e o seu construtor foi o mestre Gregorio Lois.
A planta é rectangular, e os muros son de cachotería e cantería de granito, e a cuberta de tella a dúas e catro augas.
Comunícase a nave co presbiterio por medio dun arco triunfal de medio punto.
O frontispicio culmínase cunha espadana de dous vans, con remates piramidais.
No interior consérvanse tres retablos, o da capela maior do século XVIII, e os das capelas laterais de estilo non definido.
Acceso
En Chantada tomar a estrada LU-P 1801 en dirección Belesar. A 1,8 km desviarse á esquerda pola estrada LU-P-1804.
Camiños de Santiago
Camiño de Inverno