MALLA TRADICIONAL DE LALÍN
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: Doade (San Pedro)
Lugar: Codesedo
Lalín - Pontevedra
Coordenadas: 42º 36' 32.0" N - 8º 07' 55.6" W
Descrición
A Malla Tradicional de Doade (Lalín), é un dos grandes eventos etnográficos da Galicia interior, promovido anualmente desde hai 22 anos polo Museo Etnográfico Casa do Patrón o penúltimo sábado de agosto en Codeseda (Lalín).
É a gran malla da Galicia Central, coa recreación histórica do maior traballo comunitario do interior de Galicia durante séculos, que representa a culminación do proceso do pan, posta en escena por unhas 70 persoas de Codeseda, Doade, e xente doutras parroquias de Lalín, cunha masiva afluencia de público. Comeza co carrexo dos mollos e a feitura da meda, mostra de artesanía galega, exposición completa de malladoiras, motores e aventadoiras, e outra exposición de pinturas relacionadas co proceso do pan. Despois recréase cronoloxicamente as modalidades históricas da malla: á pedra, con mallos, con malladoira manual, máquina, motor e aventadoira e malla co tractor. Todo o proceso é comentado por especialistas na materia. Prémiase á muller e ao home mellor vestidos de época, coa posterior comida de confraternidade ao aire libre, cunhas vistas espectaculares do Val do Asneiro. Pola tarde organízase o Serán da Malla, actuando varios grupos folclóricos do Deza.
Camiños de Santiago
Camiño de Inverno
Vía da Prata