CASA REITORAL DE SAN MARTIÑO
No Camiño de Santiago
Localización
Parroquia: O Grove (San Martiño)
Lugar: O Grove
Rúa Luís A. Mestre
36980 O Grove - Pontevedra
Coordenadas: 42º 29' 29.4" N - 8º 51' 59.0" W
Descrición
Construída en pedra, presenta planta rectangular. Con adega no baixo e balcón sobre pilastras cuadrangulares que se sitúa sobre a porta de acceso. A cuberta é a catro augas e de tella. No xardín vense camelias, palmeiras e rosais.
Acceso
A rúa Luís A. Mestre é unha das principais rúas de acceso á zona urbana do Grove. A casa sitúase no centro, a poucos pasos do cruce de baixada á Avenida de Portugal.
Camiños de Santiago
Ruta do Mar de Arousa e Ulla