CRUCEIRO DA IGREXA DE BUXANTES
Localización
Parroquia: Buxantes (San Pedro)
Lugar: A Grixa
15151 Dumbría - A Coruña
Coordenadas: 42º 58' 25.6" N - 9º 07' 03.5" W
Descrición
Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos con voo e cun pedestal cuadrangular achafranado. Leva unha mesa acaroada ao último chanzo.
O varal é circular, sendo de máis sección por abaixo e diminuíndo cara arriba. O capitel é troncopiranidal invertido con follas. A cruz circular presenta a Cristo Crucificado polo anverso con tres cravos e as mans pechadas. Inclina un pouco a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza queda anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar coas mans en cruz sobre o peito. O cruceiro é todo de granito.