RÍO TÁMEGA

No Camiño de Santiago
No Camiño de Santiago

ZEC - Rede natura 2000

Localización

Ourense

Monterrei | Castrelo do Val | Laza | Verín | Oímbra

Coordenadas: 41º 57' 37.2" N - 7º 26' 44.6" W


Descrición

O gran Castelo de Monterrei, sen dúbida un dos máis fermosos de Galicia, ocupa o outeiro perfecto para a contemplación do val que o Támega percorre de norte a sur, e recibe pola dereita as augas do tributario Bubal. Atravesa por Verín o cálido val que é zona vitivinícola e rica en augas mananciais. A zona protexida abrangue todo o curso do río en territorio galego, ata a fronteira portuguesa.
O Támega nace nos altos da Alberguería (Laza) e axiña forma un corredor de bosques de ribeira e estreitos vales de montaña como o de Laza con boa calidade das augas. A zona protexida tamén contempla as veigas e charcas naturais con rica vexetación flotante.

Situación

No sur de Ourense, concellos de Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Verín e Oímbra.

Superficie

630 ha.

Servizos

Aloxamento e comida nas localidades de referencia.

Acceso

Desde Verín, río arriba pola comarcal OU-113 cara a Laza, río abaixo pola N-532 ata Oímbra.

Camiños de Santiago

Vía da Prata

RÍO TÁMEGA

cargando mapa...

Descargue as coordenadas do recurso que lle presentamos ...

> Clic aquí para ter axuda sobre a descarga nos diferentes formatos