Arzúa - Arca (O Pino)
Camiño Primitivo
- Alto do Acevo
- Fonfría
- Paradanova
- San Xoán do Padrón
- Hospital de Montouto
- Paradavella
- A Degolada
- A Lastra
- A Fontaneira
- O Cádavo
- Vilalle
- Castroverde
- Santa María de Gondar
- Carballido
- Lugo
- San Vicente do Burgo
- San Romao da Retorta
- Augas Santas
- Vilouriz
- Vilamor
- Melide
- Boente
- Ribadiso
- Arzúa
- Arca (O Pino)
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
- Alto do Acevo
- Fonfría
- Paradanova
- A Proba de Burón
- Hospital de Montouto
- Paradavella
- A Degolada
- A Lastra
- A Fontaneira
- O Cádavo
- Vilalle
- Castroverde
- Santa María de Gondar
- Carballido
- Lugo
- San Vicente do Burgo
- San Romao da Retorta
- Augas Santas
- Vilouriz
- Vilamor
- Melide
- Boente
- Ribadiso
- Arzúa
- Arca (O Pino)
- A Lavacolla
- Monte do Gozo
- Santiago
Etapa: Arzúa - Arca (O Pino)
Neste tramo o Camiño intérnase de novo entre prados, carballos e eucaliptos que arrodean pequenas aldeas, algunhas con topónimos de resonancia xacobea: A Calzada, A Calle, Ferreiros, A Salceda, A Brea, Santa Irene e A Rúa, esta xa ás portas de Arca, capital do concellos do Pino, o último antes de Santiago.
Arzúa - A Salceda
Saímos da vila de Arzúa pola rúa do Carme. Nesta etapa alternaremos a paisaxe de bosques e prados (carballos, eucaliptos, árbores froiteiras e campos de labranza) con tramos polo asfalto da estrada nacional 547.
Convén prestarlles unha especial atención aos vehículos, pois teremos que cruzar varias veces pola calzada.
Cruzamos o río Raído e logo varias aldeas —Cortobe, As Pereiriñas, A Taberna—, algunhas con resonancia xacobea como A Calzada, A Rúa, Ferreiros (de novo a referencia ao vello oficio dos que, entre outras funcións, arranxaban as ferraduras dos cabalos) ou A Salceda.