Camiño Primitivo

Etapa: Arca (O Pino) - Santiago de Compostela

  • Lonxitude 20,2 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 5h 05min
  • Escoita o percorrido da etapa

A última etapa do Camiño, xa moi preto da meta. Un percorrido cheo de expectativas, desde O Pedrouzo a Santiago, pasando polo Monte do Gozo.

Arca, O Pino- A Lavacolla

  • Lonxitude 10 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 2h 30min

Saímos desde o albergue do Pedrouzo cara á gasolineira da entrada da vila, onde volvemos coller o Camiño.

Cruzamos entón cara ao seguinte lugar, Santo Antón, onde empeza a ascensión ata a entrada ao municipio santiagués. O Amenal, Cimadevila e San Paio serán os núcleos seguintes.

Arca (O Pino) - A Lavacolla

A Lavacolla- Monte do Gozo

  • Lonxitude 5,6 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 25min

Ascendemos ata o núcleo da Lavacolla, nas inmediacións do aeroporto internacional de Santiago. Aquí, os peregrinos tiñan por costume lavar o corpo enteiro no regato que pasa polo lugar. De feito, a etimoloxía do topónimo derivaría de Lava colea, en desenfadada referencia á hixiene dos xenitais.


Moi preto atópase o Monte do Gozo (380 m), unha pequena elevación desde a que os peregrinos gozaban, por vez primeira, dunha afastada visión da catedral. Entre estes, o primeiro que acade a súa cima é proclamado “rei da peregrinación”. En 1993 construíuse aquí un grande albergue para peregrinos.

A Lavacolla - Monte do Gozo

Monte do Gozo- Santiago

  • Lonxitude 4,7 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 10min

Restan 5 km en descenso. O Camiño entra na cidade polo barrio de San Lázaro e deixa á esquerda o barrio das Fontiñas (nas inmediacións, ampla oferta de restauración e servizos). Máis adiante sitúase a rúa dos Concheiros, antigo barrio gremial dos artesáns que comerciaban con cunchas de vieira.

A ruta baixa pola Rúa de San Pedro ata a Porta do Camiño, e continúa, xa no seu último tramo, por rúas peonís e prazas como Casas Reais, Praza de Cervantes e Acibechería, por onde accederemos á basílica. En ano santo, un acceso alternativo pode ser a Porta Santa, na Quintana.

Monte do Gozo - Santiago de Compostela