Cabo Silleiro
Camiño Portugués da Costa
Etapa: Oia-Baiona
Deixamos atrás a vila mariñeira de Oia e continuamos camiño ao pé dos cantís. O noso destino é Baiona, vila medieval estreitamente vinculada ao descubrimento de América.
Oia - Silleiro
Deixamos atrás a vila mariñeira de Oia e continuamos camiño ao pé dos cantís. Pasamos polas inmediacións do faro de cabo Silleiro (faro inaugurado en 1866), extremo sur da ría de Vigo e punto principal de orientación dos navíos que sucan esta augas.
Oia - Silleiro
Silleiro- Baiona
A continuación, ascendemos ata Baredo pola vella verea real e uns quilómetros despois chegamos ao castelo de Monterreal, hoxe Parador Nacional de Turismo de Baiona. Os seus fortes muros defensivos resistiron o ataque do corsario inglés Francis Drake, que desembarcou aquí no ano 1585. Na actualidade, pódese rodear o castelo por un cativador carreiro que transcorre á beira do mar.
E tras o castelo, Baiona. O 1 de marzo de 1493, Baiona foi o primeiro porto de Europa que recibiu a noticia do descubrimento de América, pois a ela chegou a carabela A Pinta, capitaneada por Martín Alonso Pinzón. Esta vila mantén hoxe todo o esplendor do seu histórico pasado.
En Baiona comeza a ría de Vigo, protexida polas Illas Cíes, que son o corazón do Parque Nacional Illas Atlánticas, visitables en barco desde aquí.