Camiño Portugués da Costa

Etapa: Caldas de Reis-Padrón

  • Lonxitude 18,7 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 4h 45min
  • Escoita o percorrido da etapa

O núcleo do Pino dá paso ao monte Castelo, profundos bosques bañados polas augas do río Valga e salpicados de antigos muíños.

Caldas de Reis- Carracedo

  • Lonxitude 5,9 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 30min

A saída de Caldas efectúase pola N-550, pero inmediatamente se incorpora a un fermoso camiño. A ruta comeza en ascenso ata chegar ao conxunto de Santa Mariña de Carracedo.

 

Caldas de Reis - Carracedo

Carracedo- San Miguel de Valga

  • Lonxitude 6,4 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 35min

A continuación, o camiño discorre polos lugares de Casalderrique e Casal de Eirigo. Empeza o municipio de Valga. O núcleo do Pino dá paso ao monte Castelo, profundos bosques bañados polas augas do río Valga e salpicados de antigos muíños.

Carracedo - San Miguel de Valga

San Miguel de Valga- Padrón

  • Lonxitude 6,5 Km
  • Dificultade Media
  • Duración estimada 1h 40min

Os seguintes lugares desta etapa son Cimadevila, a ponte sobre o río Fontenlo, Cedelo e Condide, xa en Pontecesures. Desde o miradoiro de Pino Manso obteremos unha ampla vista do val do río Ulla. A ruta transita agora polo barrio máis antigo da vila de Pontecesures. Tras ela cruzamos a ponte sobre o Ulla (de orixe romana, aínda que hoxe desvirtuada), que separa as provincias de Pontevedra e A Coruña. Aquí comeza o municipio coruñés de Padrón, berce da tradición xacobea, fermosa e monumental localidade bañada polo río Sar. A entrada na vila realízase polo campo da feira, antes de introducirnos polo Paseo do Espolón. No núcleo histórico álzase a igrexa de Santiago de Padrón, onde se garda O Pedrón.

San Miguel de Valga - Padrón