Axenda de Eventos

Camiño de Santiago
Coloquio Internacional "O Camiño Portugués. Pasado, presente e futuro dunha senlleira ruta xacobea"
Do 5 ao 6 novembro |
Comeza:
5 novembro | 09:00
Remata:
6 novembro | 20:15
Onde:

Baixo coordinación de Paulo Almeida, Melchor Fernández e Francisco Singul, membros do Comité Internacional de Expertos do Camiño do Santiago, celebrarase en Tui, durante os días 5 e 6 de novembro, un coloquio internacional sobre a historia, o presente e o futuro do Camiño Portugués de peregrinación a Santiago, nos seus distintos itinerarios.

Participarán nas súas distintas sesións investigadores, estudosos de varias universidades de Portugal e Galicia, hospitaleiros e membros de asociacións de Amigos do Camiño, especialistas de diversos ámbitos do coñecemento, que debaterán sobre o desenvolvemento da hospitalidade e o seu futuro, a historia e a arte desta ruta, con mención especial á catedral de Tui no seu 800 aniversario, ao desenvolvemento económico do Camiño Portugués, a evolución dos itinerarios e dos seus peregrinos, e as estimacións de futuro do Camiño de Santiago en Portugal e Galicia .

Como programa complementario, os participantes realizarán unha visita á catedral de Tui e ao arquivo diocesano e catedralicio da sede episcopal de Tui-Vigo. Ademais, o coloquio renderá homenaxe a unha muller, estudosa, peregrina e pioneira na promoción do Camiño Portugués: Maria da Graça Sánchez da Gama.

Lugar: Espazo Sociocultural
Dirección: Rúa Camilo José Cela, 2. Tui

Data: 5 e 6 de novembro de 2026

Organizan: Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e Turismo de Galicia, Xunta de Galicia
Colaboran: Concello de Tui e Diócese Tui - Vigo

Inscripción: ata o 31 de outubro de 2026, no seguinte enderezo electrónico: cultura.xacobeo@xunta.gal

Tipo de evento: Camiño de Santiago