Axenda de Eventos

Camiño de Santiago
Mes do Camiño de Santiago en Montevideo
Do 8 ao 31 outubro | Auditorio Vaz Ferreira do SODRE Montevideo (Urugay)
Comeza:
8 outubro | 09:00
Remata:
31 outubro | 21:00
Onde:
Auditorio Vaz Ferreira do SODRE Montevideo (Urugay)

Data: do 8 ao 31 de outubro

Esta acción multidisciplinar no exterior ten como obxectivo promocionar o coñecemento sobre o Camiño de Santiago, as súas diferentes rutas e a esencia da peregrinación. Tras visitar en anos pasados Cidade de México, Bos Aires, San Paulo e Porto Alegre, nesta ocasión, o proxecto chega a Montevideo, onde se desenvolverá un ciclo de cinema, unhas charlas e unha exposición sobre o feito xacobeo.

1.    Ciclo de cinema xacobeo
       Do 10 ao 31 de outubro farase un pase de cada unha destas películas:

10 de outubro, ás 19:00 horas: Cotolay. O neno e o lobo
13 de xuño, ás 19:00 horas: A Vía Láctea
20 de xuño, ás 19:00 horas: Tres no Camiño
23 de xuño, ás 19:00 horas: The Way / O Camiño
31 de xuño, ás 19:55 horas: Footprints. O camiño da túa vida

O ciclo de cinema incluirá películas de importantes directores de onte e de hoxe que demostran que o Camiño nunca deixou de estar presente no panorama cultural, tanto nacional, como internacional.

2.    Charlas do Camiño de Santiago

Para as charlas cóntase coa colaboración da Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago, AUACS, que coordina e propón aos relatores. Serán dirixidas por representantes de distintos ámbitos: relixioso, académico, artístico e vinculados, en certos casos, a asociacións de amigos do Camiño. Trátase de cinco xornadas nas que se falará do que aporta o Camiño a quen o fai, vivencias, cultura, acollida, e do que esixe para afrontalo.

12 de outubro, ás 19:00 horas: Peregrinar en el siglo XXI: una aproximación sociológica al Camino de Santiago. Rafael Rey Fau. Doutor, magíster e licenciado en Socioloxía pola Universidad de la República (Uruguai).
    
13 de outubro, ás 20:40 horas: El Camino de Santiago, lugar para el distinto. Pbro. Daniel Martínez Suárez. Licenciado en Teoloxía Bíblica pola Universidad de Salamanca e primeiro socio honorario da AUACS, Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago.

19 de outubro, ás 19:00 horas: Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago. Seis años de camino entre Uruguay y Galicia. Integrantes da AUACS baixo a coordinación de Stella Cabo Alonso.

26 de outubro, ás 19:00 horas: La Creación Divina. Agó Páez. Artista plástica.

Ao rematar a charla, terá lugar a presentación por parte da mesma autora do seu libro Buscando mi Estrella por el Camino de Santiago de Compostela.

31 de outubro, ás 19:00 horas: Santiago de Compostela: el inicio y el final del Camino. Fernando Eisenberg Bugallo. Vicepresidente de ACASARGS Rio Grande do Sul e membro da Archicofradía Universal del Apóstol Santiago.

3.    Mostra audiovisual: Iacobus gaudet. Os camiños de Santiago en Galicia
       Do 8 ao 31 de outubro

Ao longo de case un mes poderase visitar a mostra audiovisual Iacobus gaudet do prestixioso fotógrafo galego Manuel Valcárcel. Con ela queremos expresar a ledicia dos peregrinos ao chegar á terra do apóstolo. Esta ruta de peregrinación, considerada como Primeiro Itinerario Cultural Europeo e Patrimonio da Humanidade, segue conservando o mesmo espírito de superación que fai mil anos animaba a percorrer longas distancias ata chegar a Galicia. A rede de rutas dos camiños de Santiago combina historia e tradición co desfrute que supón o encontro coa natureza e as súas variadas paisaxes, co rico patrimonio cultural, coa gastronomía e coa espiritualidade.
     
Como se plasma a través da mirada de Manuel Valcárcel, a peregrinación é unha experiencia única, unha vivencia inesquecible nun espazo acolledor, que serve como vehículo para o encontro do individuo consigo mesmo e con outros peregrinos. Nos camiños de Santiago en Galicia atoparemos un pobo hospitalario, disposto a recibir ao visitante e a mostrarlle con orgullo as súas tradicións e as súas sinais de identidade vinculadas á paisaxe e a un amplo imaxinario cultural. Estas imaxes amosan unha terra que anima a ser coñecida, que ofrece unha experiencia gratificante por un percorrido singular e a través dunha peregrinación viva e intensa.

Estas actividades subliñan o valor cultural e turístico dunha das máis importantes rutas de peregrinación e elemento vertebrador de Europa.

Espazo para as actividades: vestíbulo do Auditorio Vaz Ferreira do SODRE. Avd. 18 de julio de 1790 (subsolo da Biblioteca Nacional) 11200 Montevideo, Uruguai.

Datas xerais: do 8 ao 31 de outubro de 2026. Inauguración o 8 de outubro ás 12:00 horas

Organizan: Axencia Turismo de Galicia, Xunta de Galicia
Colaboran: Turespaña, Auditorio Vaz Ferreira, Fundación Catedral de Santiago e Asociación Uruguaya de Amigos del Camino de Santiago AUACS

Tipo de evento: Camiño de Santiago