Axenda de Eventos

Festa/Feira popular
Belén Electrónico
Do 20 decembro ao 25 xaneiro | Begonte (San Pedro) Begonte
Comeza:
20 decembro | 11:00
Remata:
25 xaneiro | 19:00
Onde:
Begonte (San Pedro) Begonte

O Belén electrónico de Begonte móntase no Centro Cultural José Domínguez Guzmán de modo ininterrompido desde o ano 1972. Inaugúrase o primeiro sábado de decembro e pódese visitar ata o derradeiro sábado de xaneiro. A súa singularidade vén determinada polo mesmo feito de realizar un belén con pezas artesanais e mecanismos electrónicos para o seu movemento. Ocupa unha superficie de 150 m² con máis de 150 figuras. Estas pezas renóvanse cada ano e son feitas desinteresadamente polos veciños. As figuras representan os oficios tradicionais: labregos, pastores, carpinteiros, pescadores...

Múltiples actividades de carácter cultural son celebradas arredor do belén. Este evento converte Begonte nun lugar de visita imprescindible no Nadal.

A sala contigua alberga o Museo do Belén onde se pode ver o primeiro mecanismo que movía o belén (1971-1972-1973), construcións e as pezas que van sendo retiradas.

*Horario especial: Do 29 de novembro ao 19 de decembro: sábados, domingos e festivos de 11:00 a 13:00 h e de 16:00 a 19:00 h.

Tipo de evento: Festa/Feira popular  |  Festa de interese turístico