Axenda de Eventos

Festa/Feira popular
Festa da Castaña e do Cogomelo
1 novembro | Riós Riós
Comeza:
1 novembro | 11:00
Onde:
Riós Riós

Desde 1990, o Concello de Riós organiza unha festa para dar a coñecer dous produtos do outono típicos desta zona montañosa do Sueste da provincia de Ourense: a castaña e os cogomelos. Para iso, celébranse durante dous días actividades de tipo cultural e gastronómico e de divulgación de distintos aspectos da economía agropecuaria da zona.

Charlas informativas sobre os castiñeiros –un dos principais atractivos do concello–, saídas micolóxicas, concurso gastronómico da castaña e do cogomelo, concurso fotográfico e casetas expositivas con produtos artesáns da zona, embutidos, carne ecolóxica... teñen cabida nesta festa. O Centro de Interpretación da Castaña, na parroquia de Trasestrada, acolle moitas destas actividades.

Tipo de evento: Festa/Feira popular  |  Festa de interese turístico