A Comisión de Seguridade Viaria, posta en marcha en 2015, nace para garantir a seguridade e mais a tranquilidade dos peregrinos na súa ruta cara a Santiago. As persoas que realicen o Camiño deberán velar así mesmo pola súa seguridade persoal, para o que han de asegurar en todo momento a súa visibilidade, e extremarán a precaución á hora de cruzaren viarias e estradas.
Velaquí as preguntas máis frecuentes que se ha facer quen inicie a peregrinación ou quen se atope en pleno Camiño: que se debe evitar, que facer ante un problema, onde se pode atopar axuda, etc.
Ofrecemos un rápido directorio de enderezos e contactos de interese, indicamos os principais espazos web onde lograr información e o contacto de transportes públicos e teléfonos de emerxencia. O 112 é o número unificado de emerxencias de Galicia.
O Servizo Galego de Saúde conta cun sistema de busca a través da súa páxina web, onde podemos localizar os hospitais, os centros de saúde e as farmacias de calquera municipio de Galicia no que nos atopemos. Con información de contacto, horarios, gardas, etc.
Contacto con todos os municipios de Galicia a través do buscador da Federación Galega de Municipios e Provincias. E recomendacións de Protección Civil ante casos de emerxencia, temporais, nevadas, incendios, ondas de calor e outros.
Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies propias de terceiros con fins analíticos. Pode obter máis información na política de cookies
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.