A seguridade no Camiño
No ano 2015, a Xunta de Galicia, o Goberno de España e as deputacións galegas crearon unha Comisión de Seguridade Viaria do Camiño de Santiago. Ten como finalidade mellorar e asegurar a tranquilidade da peregrinación nas nove rutas que chegan a Compostela.
Por outra banda, a Garda Civil e mais a Policía Local, xunto á Policía Nacional nas cidades, teñen dispositivos especiais de vixilancia do camiño. Nos veráns, a Unidade de Cabalería da Garda Civil reforza este servizo.
Por outro lado, non está de máis que cada peregrino actúe sempre con precaución e vele pola súa seguridade persoal. É importante asegurar sempre a visibilidade nos tramos onde debamos cohabitar co tráfico rodado, portando incluso elementos autorreflectores. E extremar a precaución á hora de cruzar vías e estradas.