A credencial do peregrino debidamente selada para conseguir a Compostela
Centro Internacional de Acollida ao Peregrino
É o novo lugar de benvida ao peregrino na meta de Santiago. Situado na Rúa Carretas, nº 33, a poucos metros da Praza do Obradoiro, nel concéntranse todos os servizos de atención aos peregrinos, como a Oficina do Peregrino, onde se obtén a Compostela.

Situado na Rúa Carretas de Santiago, no edificio e terreos do antigo asilo, e a poucos metros da Praza do Obradoiro, atópase o novo Centro Internacional de Acollida ao Peregrino.
Este centro nace coa vocación de lle dar a benvida ao peregrino e de lle proporcionar un cómodo espazo de encontro unha vez completado o seu camiño. Acolle a nova Oficina do Peregrino, onde se obtén a Compostela
Ocupa unha superficie de 3.600 m2 e sitúase entre as Rúas Carretas e Domingo García-Sabell. O edificio orixinal é de finais do século XVIII, fundado polo arcebispo Bartolomeu Raxoi, e nel levouse a cabo unha rehabilitación de boa parte da súa estrutura, ademais do acondicionamento dos seus espazos axardinados.
Este centro nace coa vocación de lle dar a benvida ao peregrino e de lle proporcionar un cómodo espazo de encontro unha vez completado o seu camiño.
Aquí concentraranse todos os servizos de atención relacionados co Camiño de Santiago, como a Oficina do Peregrino, onde se obtén a Compostela, o documento que acredita a peregrinación.
O Centro Internacional de Acollida ao Peregrino conta cos seguintes servizos: a mencionada oficina de acollida aos peregrinos, da catedral de Santiago; capela e espazo para actos, punto de información do Camiño, espazo para as asociacións xacobeas, biblioteca e futuro centro de documentación do Camiño de Santiago.
O centro disporá finalmente dun espazo asistencial, pois albergará obradoiros e aulas de rehabilitación para o uso de Cáritas Interparroquial.
A posta en funcionamento do centro levouse a cabo grazas a un acordo de colaboración entre Turismo de Galicia e a Fundación Catedral.