Conversas en inglés
Turismo de Galicia lanza un novo programa de formación gratuíta para que os albergueiros e persoal responsable dos establecementos vinculados ao Camiño de Santiago melloren as súas competencias na fala inglesa.

En que consiste?
Estableceranse conversas en inglés con voluntarios de asociacións de amigos do Camiño de países de fala inglesa (Reino Unido, Estados Unidos, Sudáfrica e Canadá) ao redor de temática xacobea e vinculada ao Camiño de Santiago.
Quen pode participar e que medios se precisan?
Programa de formación gratuíta para que os albergueiros e persoal responsable dos establecementos vinculados ao Camiño de Santiago melloren as súas competencias na fala inglesa
Están dirixidas principalmente ao persoal que atende a peregrinos/as nos establecementos do Camiño de Santiago (albergues, casas rurais…). As persoas interesadas deberán contar cos medios tecnolóxicos axeitados, unha dispoñibilidade de tempo que contemple os diferentes fusos horarios noutros continentes e que posúan un nivel mínimo de lingua inglesa que permita practicar unha conversa.
Como me podo apuntar?
No caso de que esta iniciativa sexa de interese para ao seu establecemento deberán manifestalo no correo electrónico: proxectos.turismo@xunta.gal indicando os seguintes datos:
- Nome da/s persoa/s interesada/s
- Nome do establecemento ou albergue
- Correo electrónico
- Teléfono de contacto
Unha vez que contemos cos datos dos establecementos interesados, comunicarémoslles a relación das asociacións no extranxeiro coas que contactar na plataforma que entre ambos consideren máis axeitada. Tamén lles achegaremos un modelo de texto en inglés para establecer o primeiro contacto coas devanditas asociacións de fala inglesa.