Congreso Internacional O Futuro da Peregrinación: Camiños en Transformación
Este Congreso, que coincide co 40 aniversario da declaración polo Consello de Europa do Camiño de Santiago como Primeiro Itinerario Cultural Europeo (1987-2027), utiliza a idea de transformación como tema clave para examinar os significados cambiantes da peregrinación e busca cuestionar o concepto situándoo en contextos socioculturais, económicos e ambientais cambiantes.
Prazo límite para o envío 30 de setembro de 2026
O Congreso Internacional O Futuro da Peregrinación: Camiños en Transformación,, que terá lugar en maio de 2027 en Santiago de Compostela, un dos principais destinos de peregrinación do mundo, mirará cara ao futuro e abordará unha gran variedade de temas e cuestións, entre as que se inclúen as seguintes:
- As relacións entre as rutas de peregrinación e a paisaxe.
- Precedentes históricos da experiencia de peregrinación, continuidades e rupturas.
- Peregrinacións seculares, santuarios populares e novas espiritualidades.
- Motivacións e comportamento de peregrinos e/ou turistas.
- Patrimonio intanxible dos camiños de peregrinación: rituais, ritos e hospitalidade.
- A cultura material das rutas e destinos de peregrinación.
- Representacións cambiantes dos peregrinos e a peregrinación na historia e a cultura popular contemporánea.
- O peregrino dixital: mundos virtuais e espiritualidade virtual.
Convocatoria de comunicacións
Convidamos a presentar comunicacións desde todas as disciplinas e campos: antropoloxía, arquitectura, arqueoloxía, historia da arte, xeografía cultural, estudos culturais, deseño, etnoloxía e folclore, dereito, economía, historia, estudos do patrimonio, estudos da paisaxe, estudos do ocio, estudos museísticos, filosofía, ciencias políticas, socioloxía, periodismo e comunicación, teoloxía, estudos turísticos e planificación urbana e espacial.
Son benvidos todos os aspectos relativos á peregrinación de todas as relixións -cristianismo, xudaísmo, islam, budismo, hinduísmo, sijismo, sintoísmo, taoísmo etc.-, así como desde unha perspectiva secular.
Como enviar o seu resumo
Pode enviar o seu resumo a través do correo adlimina@xunta.gal
Normas de envío
- O resumo non debe exceder as 300 palabras e cómpre subilo en formato Word.
- A duración de cada comunicación será de 20 minutos. O autor pode escribila en galego, español ou inglés.
- Debe incluír o título, os nomes dos autores e as organizacións/universidades ás que pertencen no documento do resumo.
- Todos os resumos recibidos antes da data límite serán revisados polo Comité Organizador do Congreso.
Prazo límite para o envío
30 de setembro de 2026