Percorridos. Artes Plásticas da Mariña
Data de publicación: 31-xul-2008
Tipo de licenza: Todos os dereitos reservados
Autor: Cabarcos, Pedro (textos) e Casado, Diego (fotografías)
Formato: Catalogo de exposicion
Catálogo da exposición "Percorridos. Artes Plásticas da Mariña". "Percorridos" é unha exposición colectiva na que participan unha trintena de creadores, dende mestres como Juan Puchades ata algúns dos denominados "novos valores", como é o caso de David Rodríguez. Deste xeito, a mostra cumpre un dobre obxectivo: integrar artistas veteranos e emerxentes e servir de punto de encontro para os artistas da comarca.