Reserva de praza na rede pública de albergues
Cando podo facer a miña reserva?
Podes realizar a túa reserva desde as 13:00 horas do día anterior á estadía no albergue ata as 13:00h do mesmo día.
Para ofrecer unha acollida segura no Camiño de Santiago, a Xunta de Galicia ten en marcha o programa Camiño Seguro
Como podo atopar o albergue?
Podes atopar o teu albergue indicando no buscador da páxina principal a cidade na que se sitúa. Se o prefires, tamén é posible ver todos os albergues dunha ruta, escollendo esa opción no buscador.
Ten algún coste adicional realizar a reserva mediante o sistema online?
A plataforma de reserva online é completamente gratuíta.
Cal é o prezo da estadía no albergue?
O prezo por noite, nun albergue da Rede Pública do Camiño de Santiago, é de 8€. Lembra que a reserva online non leva ningún coste adicional.
Teño que rexistrarme na páxina web?
Se te rexistras na páxina web podes realizar as reservas dun xeito máis sinxelo, aforrando tempo.
É posible facer reservas para grupos?
É posible realizar reservas de ata 5 persoas simultaneamente.
Tes outras dúbidas?
Podes realizar todas as túas dúbidas no servicio de atención, chamando ao 881 85 02 88