Xornadas de Portas Abertas no convento de San Francisco de Santiago de Compostela
Xornadas de Portas Abertas no convento de San Francisco ata o día 30 de marzo, unha actividade que se enmarca nos actos conmemorativos do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, e que permitirá visitar o convento a todas as persoas que estean interesadas.
Nas visitas guiadas programadas para estes días poderanse apreciar os arcos góticos do edificio orixinal, o sepulcro de Cotolay ou tesouros como o Museo de Terra Santa, xunto coa valiosísima biblioteca do convento ou o monumento a San Francisco do adro, do escultor Asorey, configuran unha verdadeira visita inesquecible, para composteláns e para visitantes.
O horario de apertura ao público será de 10 a 13 horas e de 17 a 20 horas. Ademais, realizaranse diariamente visitas guiadas ás 12 e ás 19 horas. Un frade será o encargado de transmitir a historia do convento a través dun percorrido polo tempo. A duración do percorrido é dunha hora e quince minutos.
Outras novas
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés