19/mar/2014

Turismo de Galicia inaugura en Compostela a exposición “Peregrinatio. O Camiño de San Francisco a Santiago”

Turismo de Galicia, a través de S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, inaugura en Santiago de Compostela a exposición  Peregrinatio.  O Camiño de San Francisco a Santiago  que amosouse por primeira vez no pasado mes de decembro na localidade francesa de Narbona no contexto do Plan Promocional “De Asís a Compostela, 1214-2014 que estase a desenvolver.

A inauguración terá lugar o día 20 de marzo na Igrexa da Universidade, na Praza da Universidade, da capital galega.  Alí permanecerá ata o 29  de maio  en horario de martes a sábado de 11 a 14.00 horas e de 17 a 20.30 horas.   Os domingos e festivos abrirá de 11 a 14.00 horas e os luns estará pechada.

A mostra componse de 50 fotografías e un audiovisual de 10 minutos de duración da autoría dos artistas de Monforte de Lemos Manuel Valcárcel, fotógrafo, e Alexandre González, músico.  

A exposición conta tamén con música orixinal e é o froito da viaxe de ambos artistas galegos a traveso dunhas rutas xacobeas de dilatada historia e tradición. É unha viaxe contemporánea realizada co propósito de impregnarse, cos cinco sentidos alerta, na intimidade duns lugares históricos que forman parte substancial da nosa memoria cultural.

+info: www.xacobeo.es