Goza do tramo máis concorrido do Camiño de Santiago, este percorrido de 7 días será un bo aperitivo para familiarizarse cunha das rutas de sendeirismo máis famosas da historia.
Coñece todos os detalles
Programa Completo:
-
Os últimos 100 quilómetros do Camiño Essential
Día 1 Sarria
Chegarás ao teu aloxamento en Sarria pola túa conta, ou se o prefires podemos xestionarche un traslado privado dende o aeroporto de Lavacolla, estación de tren, desde o centro de Santiago ou calquera outro punto da nosa xeografía.
Día 2
Sarria – Portomarín 24kms
Despois dun bo almorzo reforzado no teu hotel en Sarria comezarás a túa primeira etapa dos últimos 100 quilómetros do Camiño de Santiago, distancia que che permite obter o certificado da Compostela.
Día 3
Portomarín – Palas de Rei 25kms
Hoxe comezarás a túa segunda etapa do Camiño Francés entre Portomarín e Palas de Rei con Galician Roots.
Día 4
Palas de Rei – Arzúa 29kms
A etapa de hoxe entre Palas de Rei e Arzúa é a máis longa do tramo do Camiño Francés entre Santiago e Sarria.
Día 5
Arzúa – Pedrouzo 19kms
Nesta etapa entre Arzúa e Pedrouzo uniraste ós peregrinos que realizan o Camiño do Norte xa que é en Arzúa onde se une co Camiño de Santiago Francés.
Día 6
Pedrouzo – Santiago 20kms
Hoxe despois dun bo almorzo reforzado realizarás a túa última etapa do Camiño de Santiago Francés con Galician Roots entre Pedrouzo e Santiago.
Día 7
Santiago
Despois do almorzo finalizarán os nosos servizos do Camiño de Santiago, se o desexas podes asistir á misa do peregrino oficiada cada día ás 12 h. Se dispós de máis días en Galician Roots recomendámosche visitar a nosa sección de excursións por Galicia, na que che ofrecemos unha visita cun guía local por Santiago e moitas outras experiencias pola nosa terra.