Desde 695€
GALICIAN ROOTS
No Camiño de Santiago
Localización
Rúa: AVDA. DE TOQUES E FRIOL, 82- 2º A
0 Melide - A Coruña
Teléfono: +34 622 281 658
Correo electrónico: info@galicianroots.com
Sitios: http://www.galicianroots.com/
Descrición
A mellor maneira de descubrir Galicia é facelo con galegos. Aínda que esta frase soe moi obvia moi poucas axencias que traballan actualmente en Galicia están tan sequera situadas aquí.
Galician Roots é unha axencia de viaxes dedicada exclusivamente a Galicia, comprácenos poder dicir que coñecemos a nosa terra e estamos encantados de poder compartir a nosa cultura e as nosas paisaxes contigo. Viaxamos moito ao longo da nosa vida e isto fíxonos darnos conta cada vez máis do descoñecida que resulta a nosa terra para moitos viaxeiros. Desde Galician Roots queremos descubrirche os nosos costumes, natureza, gastronomía e cultura da mellor maneira posible, acompañándote ao longo da túa viaxe.
Cada un das viaxes ofrecidas na nosa páxina foi realizado e revisado por nós co fin de ofrecer os mellores servizos e a mellor calidade. Tratamos directamente cos nosos hoteis e provedores, revisando todos os detalles para que a túa estancia se convérta nunha gran experiencia. Ser unha axencia pequena permítenos coidar e atender as necesidades dos nosos viaxeiros con máis atención, sabemos o importante que son as túas vacacións e o esperadas que son estas datas por iso desexamos que sexan unha experiencia marabillosa.
Dende Galician Roots desexámosche una feliz viaxe!
Clasificación
Grupo: Retallista
Tipo axencia: Casa matriz
Camiños de Santiago
Camiño Francés
Camiño Primitivo