A catedral de Santiago de Compostela, consagrada no ano 1211, é unha das obras máis sobresaíntes da arte románica europea.
A capital de Galicia non se entende sen a súa historia cultural. Posúe grandes infraestruturas, como a Cidade da Cultura, e unha prestixiosa universidade con máis de cinco séculos de historia
A vitalidade de Santiago como destino gastronómico é enorme. A proba é o seu xenuíno Mercado de Abastos, o segundo espazo máis visitado da cidade, despois da catedral
Unha vintena de parques e xardíns que constitúen un verdadeiro cinto verde. Entre eles, o parque de San Domingos de Bonaval, un antigo cemiterio transformado polo arquitecto Álvaro Siza e a paisaxista Isabel Aguirre
O Pazo de Oca (A Estrada), cos seus impresionantes xardíns, ou o Pazo de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra), onde destacan as súas camelias e as súas oliveiras centenarias
A cidade de Santiago naceu e creceu ao redor do sepulcro do apóstolo. O debuxo das súas rúas e prazas, a súa toponimia e os principais monumentos —emerxidos do epicentro que marca a catedral— son testemuñas diso. Todo nos fala do Camiño. En cada recanto histórico pálpase o pulo xacobeo.
A capital de Galicia non se entende sen a súa historia cultural. Posúe grandes infraestruturas, como a Cidade da Cultura, e unha prestixiosa universidade con máis de cinco séculos de historia, pero tamén iniciativas modestas, aínda que moi dinámicas, e activas nos barrios durante todo o ano. A cultura é a súa razón de ser.
A vitalidade de Santiago como destino gastronómico é enorme. A proba é o seu xenuíno Mercado de Abastos, o segundo espazo máis visitado da cidade, despois da catedral. Toda Compostela convida a petiscar e ao relax nas súas terrazas, tabernas ou restaurantes.
Santiago de Compostela é unha das cidades da Península Ibérica con máis metros cadrados de parques e xardíns por habitante. Sorprenden as zonas verdes da Alameda e o seu bosque de carballos, o seu principal emblema.
Moi preto da cidade, os municipios que a rodean ofrécennos rutas e atractivos suficientes para demorarnos na nosa visita. Damos paso a unha selección de monumentos, propostas de escapadas naturais e gastronómicas a algúns destes lugares na contorna de Santiago.
Aquí poderás editar e consultar todos os comentarios e fotos que vaias realizando ao longo do teu camiño.
Este portal emprega cookies propias necesarias para o seu correcto funcionamento e cookies propias de terceiros con fins analíticos. Pode obter máis información na política de cookies
Configuración de cookies
Pode empregar estes botóns para personalizar os servizos que desexa utilizar neste portal.