Jeju Olle
Camino Jeju Olle
Un sendeiro que circula a illa volcánica Jeju, Patrimonio Natural da Humanidade da UNESCO
Os sendeiros situados na illa Jeju, un lugar vacacional representativo de Asia, Patrimonio Mundial da UNESCO, fascínannos con magníficas paisaxes: mar, Oreum (pequenos volcáns extintos que son parecidos a pequenos montículos e outeiros), muros de basalto negro, campos verdes durante todo o ano, flores que se pode atopar a beira das rúas, árbores de mandarinas laranxas e etc.
O Camiño Jeju Olle foi creado conservando os elementos naturais, non é un sendeiro cómodo equipado con todas as conveniencias como paseo urbano. É máis, camiñar este sendeiro custaralle un pouco, debido a que se consiste en camiños serpenteantes e intactos, que garda a natureza. Con todo, os senderistas do Camiño Jeju Olle gozan da natureza, a cultura única de Jeju, aguantando un pouco de inconveniencia e adversidade, e regresan á súa casa atopando a felicidade e paz interior interactuando cos residentes da illa.
Suh Myeung-Sook, a presidenta da Fundación Jeju Olle dedicaba ao xornalismo, como a redactora xefa, deixou a súa carreira profesional de xornalismo de 20 anos, e iniciou a súa peregrinación propia percorrendo o Camiño de Santiago. Ao final da súa peregrinación coñeceu a unha senderista de Inglaterra, e elas prometeron crear camiño similar ao de Santiago nos seus países, para compartir a paz e a felicidade que gozaran no Camiño de Santiago con outras persoas.
Regresou á súa terra natal, a illa Jeju, e a partir de 2007, iniciou a creación duns roteiros de trekking que merecen o afecto e afán de senderistas do mundo. Xunto con algúns voluntarios, descubriu carreiros ocultos na illa, explorou canellóns nos que non pode acceder por auto, e restaurou camiños esquecidos. Desta maneira creou un novo carreiro para camiñantes. Ao principio, ela facíao soa, pero os voluntarios e doantes axuntaron a súa paixón e tempo lanzando a Fundación Jeju Olle, unha sociedade non lucrativa, e o Camiño Jeju Olle foi completado coa lonxitude de 437 km, de 27 roteiros.
Para crear o Camiño Jeju Olle, a Fundación de Jeju Olle busca e conecta camiños baixo un principio: os camiños deben ser tomados por residentes no pasado, ser camiños non pavimentados que conservan a natureza, e mostrar a paisaxe e a cultura de Jeju intactamente. O sendeiro cruza propiedades públicas e privadas. A maioría dos propietarios estaban dispostos a abrir a súa propiedade privada para os que visitan a illa Jeju.
Neste sentido, o Camiño Jeju Olle non é un roteiro turístico que ostenta unha linda paisaxe, senón un lugar onde se harmoniza a vida diaria e a conciencia. Desta maneira, este sendeiro foi convertido nun sendeiro belo e pacífico, e un sendeiro para o percorrido máis lento concentrándose na paisaxe tan fermosa. Os creadores deste sendeiro desexan que todos os senderistas alivien o estrés e a ansiedade e obteñan a calma, felicidade e a paz interior paseando por el.
O Camiño Jeju Olle é operado e administrado en base ao voluntariado e o apoio de todos aqueles que desexan que este sendeiro se mantéña por centos e miles de anos para a próxima xeración.
Certificado de Cumprimento de Percorrido Mutuo
É un documento que poden conseguir aqueles peregrinos que realicen o Camiño de Jeju, na illa de Jeju (Corea do Sur) e o Camiño de Santiago.
Unha vez terminada a ruta en Jeju, o Certificado poderase conseguir na propia illa, mentres que en Santiago de Compostela, o peregrino poderao recibir na Oficina de Turismo situada no Centro Internacional de Acollida ao Peregrino, no mesmo edificio onde a Igrexa de Santiago expende a " Compostela".