Xosé Merelles e o alcalde de Caldas de Reis repasan os bos resultados do Camiño Portugués ao seu paso por este municipio
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2025
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro esta mañá co alcalde do Concello de Caldas de Reis, Jacobo Pérez, no que os dous coincidiron nos bos resultados que está a rexistrar o Camiño Portugués que, con máis de 67.000 peregrinos e un ritmo de crecemento do 5% este ano, é a segunda ruta máis transitada. O Camiño Portugués discorre por este municipio que ten na Ponte de Bermaña un dos seus principais puntos de interese.
O director de Turismo e o rexedor de Caldas tamén fixeron un repaso polo bo escenario turístico que se vive este verán neste concello e tamén pola potencialidade que ofrecen os seus recursos turísticos, entre os que se atopa a oferta termal. Os dous se amosaron abertos a colaborar para seguir implementando a actividade turística como dinamizadora da economía local e fonte de riqueza para o municipio.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata