18/xuñ/2025

Aberto o prazo de inscrición nas XVI Leccións Xacobeas Internacionais da USC: sabios do Camiño de Santiago e a peregrinación

  • A Cátedra do Camiño de Santiago e dás Peregrinacións organiza este encontro, que se celebrará en Santiago do 14 ao 17 de xullo, baixo a dirección de Domingo L. González Lopo e Miguel Taín Guzmán.
  • Expertos internacionais na historia das peregrinacións compartirán as súas investigacións sobre o Camiño Xacobeo.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2025.- O Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela acollerá o próximo mes de xullo as XVI Leccións Xacobeas Internacionais, baixo o título Sabios do Camiño de Santiago e a peregrinación. Xa está aberto o prazo de inscrición para asistir a este encontro, que reunirá un ano máis en Santiago a expertos internacionais en historia das peregrinacións, que compartirán as súas investigacións sobre este fenómeno e sobre o Camiño de Santiago, en particular.

Estas xornadas, organizadas pola Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e dás Peregrinacións, enmárcase nos cursos de verán promovidos pola Universidade de Santiago de Compostela. Así, os participantes matriculados en graos nesta universidade obterán 2 créditos pola súa asistencia a este encontro. Ademais, os estudantes matriculados nun doutoramento da USC terán como recoñecemento de asistencia un cómputo total de 10 horas.

As persoas interesadas poden inscribirse online en:
https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/extension/universidade-veran/leccions-xacobeas-internacionais-usc-sabios-camino-santiago-peregrinacion-16a-edicion-14462

Ou presencialmente en:
ampus de Compostela: Área de Cultura- Pazo de San Xerome (Rectorado). Praza do Obradoiro s/n.
Telf. 881811018/ 881811103
Campus de Lugo: Área de Cultura- Pazo de Montenegro. Praza da Universidade. Telf. 982821513

A taxa xeral de matrícula é de 120€.
A taxa reducida é de 70€ e é aplicable a: estudantes universitarios, de bacharelato ou e formación profesional; pensionistas; persoas desempregadas; socios/as da Asociación de Antigos Alumnos da USC; Persoal Docente e Investigador e Persoal de Administración e Servizos da USC.

SANTIAGO, PUNTO DE ENCONTRO

Santiago converterase un ano máis en punto de encontro internacional para compartir coñecemento e investigación sobre as peregrinacións, á vez que se analiza o impacto cultural que este fenómeno tivo en todo o mundo, con especial atención á propia cidade de Santiago, meta de peregrinación Xacobea. Entre os relatores, expertos de recoñecido prestixio internacional, como Maryjane Dunn, profesora de Español en Estados Unidos e responsable da tradución ao inglés do coñecido Códice Calixtino; ou Manuel Castiñeiras, presidente do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago e Catedrático de Historia da arte da Universidade de Barcelona. A súa presenza, xunto con outros grandes perfís relacionados coa peregrinación e os seus efectos no territorio, axudarán a compoñer unha imaxe global e próxima deste fenómeno e o seu impacto a nivel local e mundial.

As xornadas están dirixidas por:

Domingo González Lopo. Profesor titular da Universidade de Santiago de Compostela e subdirector da Cátedra UNESCO sobre Migracións da Universidade de Santiago. As súas investigacións céntranse, entre outras, nos comportamentos relixiosos na Galicia da Época Moderna e nas peregrinacións a Santiago.

Miguel Taín Guzmán. Catedrático de Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela e fundador e director das Leccións Xacobeas Internacionais. Cunha ampla traxectoria de investigación e formación no ámbito da historia da arte, especialmente relacionada co Camiño de Santiago, a Catedral, a cidade e as peregrinacións, plasmada en numerosas publicacións e colaboracións.