A Xunta participa na presentación de “O Son do Camiño” que reunirá a vindeira semana no Monte do Gozo a público procedente de 35 países
- A directora de Turismo de Galicia , Nava Castro, participou hoxe na presentación onde destacou que Galicia volve ser referente musical nesta nova edición do Son do Camiño que conta co cartel de artistas máis grande da súa historias
- O festival celebra a súa 4ª edición os vindeiros 15,16 e 17 de xuño, no marco dos concertos do Xacobeo, nunha edición que espera acadar 120.000 asistentes
- Contará coas actuacións de Vetusta Mora, The Kooks, Xoel López, Leiva, Viva Suecia, Marlon, Duki, Ginebras, Bizarrap, Aitana o Maluma, entre outros
Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2023
A directora de Turismo, Nava Castro, participou hoxe na presentación dos concertos de O Son do Camiño que reunirá no Monte do Gozo a 42 artistas nacionais e internacionais de primeiro nivel no Monte de Gozo os vindeiros 15,16 e 17 de xuño, onde destacou que o festival ten vendido entradas a público procedente de 35 países.
Así o deron a coñecer hoxe Nava Castro xunto ao delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor e os directores do Festival, Kin Martinez e Iván Méndez; e o marketing manager de Estrella Galicia, Ramón de Meer. A directora de Turismo de Galicia indicou que “estar hoxe aquí na presentación dun dos festivais máis grandes e máis esperados de todo o ano, que ademais este ano contará coa asistencia con 120.000 persoas, é un auténtico orgullo para min, para Galicia e para os galegos e galegas”.
Nava Castro indicou que O Son do Camiño converteuse nun emblema e un sinal de identidade dos festivais en Galicia, que son ademais un puntal na recuperación tanto do sector cultural como do turístico, xa que nestas datas miles de persoas enchen a capital galega e posicionan a Galicia como sinónimo de calidade. “Desfrutaremos da mellor música co mellor ambiente e un entorno mítico e incomparable: o Monte do Gozo”, destacou a directora de Turismo de Galicia.
Este evento volverá situar a Galicia como referente musical e será un dos maiores atractivos culturais este verán. O Son do Camiño contará coas actuación de Vetusta Mora, The Kooks, Xoel López, Leiva, Viva Suecia, Marlon, Duki, Ginebras, Bizarrap, Aitana o Maluma, entre outros.
“Mediante este tipo de celebracións, dicímoslle a España e ao mundo, que Galicia, a nosa terra, está preparada para o turismo a través dunha oferta cultural sen parangón, que o Camiño a Santiago é o Camiño da excelencia”, rematou Nava Castro que indicou que no que vai de ano xa foron seladas preto de 130.0000 106.000 Compostelas, e máis de 1.3 millón de turistas visitaron a nosa comunidade no primeiro cuadrimestre do ano.
Outras novas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado