A Xunta leva a exposición ‘El Camino de Santiago’ á Lexislatura da provincia de Córdoba
- O secretario xeral da Emigración inaugurou esta mostra con fotografías de Manuel Valcárcel que permite achegar a Arxentina a experiencia da peregrinación a Compostela
- A exposición foi promovida pola Delegación da Xunta en Arxentina
Córdoba (Arxentina), 07 de febreiro de 2023
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou na tarde de onte a exposición fotográfica de Manuel Valcárcel ‘El Camino de Santiago’ para acercar a experiencia da peregrinación a Compostela ata os arxentinos da provincia de Córdoba. A mostra foi promovida pola Delegación da Xunta en Arxentina.
A exposición, que conta con 16 fotografías e un audiovisual de apoio, atópase instalada na Lexislatura da provincia de Córdoba. No acto de inauguración estiveron tamén presentes o delegado da Xunta en Arxentina, Alejandro López Dobarro, así como o vicegobernador e presidente da Lexislatura, Manuel Calvo, o cónsul de España en Córdoba, Javier Ignacio Martínez del Barrio, así como diversas autoridades e representantes do CRE de Córdoba e dos distintos grupos parlamentarios.
Tal e como explicou Antonio Rodríguez Miranda, con esta mostra “tratamos de achegar a este país do Cono Sur a creatividade contemporánea vinculada á cultura xacobea, mostrando a grandiosidade da peregrinación a Compostela, onde se conxuga tanto a experiencia persoal, coa presenza constante da natureza e dos diferentes paisaxes, a gastronomía e os propios pobos e aldeas españolas polas que transita o Camiño”.
“El Camino de Santiago, una experiencia contemporánea de Peregrinación” é froito do traballo do fotógrafo Manuel Valcárcel, oriundo de Monforte de Lemos, un artista de espírito inquieto que realizou diferentes proxectos relativos á fotografía documental.
Esta mostra inaugurouse en Boston, en 2018, viaxando nos últimos anos por diferentes localidades tanto de países de América como de Europa.
Outras novas
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’