Preséntase na Casa de Galicia a antoloxía poética ‘O camiño das estrelas’
Madrid, 25 de xaneiro de 2023
A Casa de Galicia acolleu a presentación do poemario “O camiño das estrelas”, unha antoloxía trilingüe -castelán, galego e catalán ou valenciano- que xorde para celebrar o Ano Xacobeo e convidar a realizar o Camiño de Santiago desde calquera punto de partida.
Todos os poemas falan do que supón para o peregrino esta experiencia tan significativa. Cada poeta ou artista plástico tentou reflectir as súas propias vivencias dunha maneira persoal baseada na súa sensibilidade.
O proxecto foi apoiado pola Xunta de Galicia Xacobeo 2021-2022, e o prólogo correu a cargo de Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, quen nos convida nel a realizar o Camiño de Santiago no que sabe que será toda unha experiencia inesquecible. O mesmo fai María Ángeles Fernández, Fundadora da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comunidade Valenciana, asociación sen ánimo de lucro que nos insta a saber máis sobre o Camiño de Levante e a que emprendamos a súa marcha desde a Comunidade Valenciana.
Respecto a as imaxes que adornan esta antoloxía, foron realizadas con esmero por diferentes deseñadores gráficos, pintores e fotógrafos, de recoñecido prestixio, utilizando técnicas ás veces mixtas moi variadas e rechamantes.
O acto estivo presentado polo poeta Antonino Nieto Rodríguez; a editora Lida López Miguel; e o presidente do Centro Galego de Valencia, Manuel Fortes.
Tras a presentación, interveu o pintor Antón Lamazares e tivo lugar un recital por parte dos poetas Ana Mª Gómez Pavón, Gloria de Froitos, Inma Marcos, Izase Batres, Mila Villanueva, Olga Patiño Nogueira e a actriz Julia Cerdeiriña, acompañados polas voces de Tania Ruzs e Kevina Kull e polo piano de Sergio Kuhlmann.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas