A Xunta participa na reunión do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago que elixiu como novo presidente a Manuel Castiñeiras
- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro asisitiu ao encontro onde indicou que xogan un papel fundamental no asesoramento ao Goberno galego para potenciar aínda mais o Camiño de Santiago
- Ademais, a directora de Turismo de Galicia deu a benvida aos novos correspondentes, Georges Greenia por USA, Piotr Roszak por Polonia, Satoko Nakajima por Xapón/Asia e Francisco Javier de Almozara por Chile/Sudamérica
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2022
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na reunión do Comité Internacional de Expertos do Camiño de Santiago,que elixiu como novo presidente ao profesor na Universitat Autónoma de Barcelona e director do Departamento de Arte e Musicoloxía, Manuel Castiñeiras.
Nava Castro indicou que xogan un papel fundamental no asesoramento ao Goberno galego e no intercambio de coñecementos científicos e culturais para potenciar aínda máis o Camiño de Santiago.
Ademais, a directora de Turismo de Galicia deu a benvida aos novos correspontentes, Georges Greenia por USA, Piotr Roszak por Polonia, Satoko Nakajima por Xapón/Asia e Francisco Javier de Almozara por Chile/Sudamérica.
O Comité de Expertos do Camiño de Santiago é o órgano de colaboración para a coordinación das actuacións relacionadas coa posta en valor cultural e turística do Camiño de Santiago a súa promoción, o mantemento e conservación dos Camiños, a súa sinalización e aquelas accións que redunden en beneficio do Camiño de Santiago e o fenómeno da peregrinación xacobea.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas