Entregado o premio internacional Aymeric Picaud de divulgación periodística do Camiño de Santiago
- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a comisaria do Xacobeo 21-22, Cecilia Pereira, participaron na gala de entrega dos premios
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2021
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a comisaria do Xacobeo 21-22, Cecilia Pereira, participaron na gala de entrega VIII Premio Internacional Aymeric Picaud de Divulgación Periodística do Camiño de Santiago, promovida pola Liga de Asociacións de Xornalistas do Camiño Francés a Santiago que se celebrou hoxe no Salón Nobre do Pazo de Fonseca.
Os galardoados nesta edición, que se deron a coñecer o pasado mes de marzo, foron o responsable da editorial francesa Le Vieux Crayon, Jacques Clouteau e Marie-Virginie Cambriels, coordinadora das guías de peregrinos lanzadas por esta editorial baixo o nome Miam Miam Dodo, a publicación de referencia para os peregrinos franceses con máis de 30.000 exemplares publicados ao ano e que vén de transformarse tamén en aplicación móbil. Trátase da innovación dixital máis recente e exitosa deste equipo, dispoñible en IOS e Android, e moi empregada polos peregrinos de hoxe en día.
O xurado profesional que outorgou o premio tamén valorou o traballo da editorial ao longo de máis de 25 anos de traballo documentado, rigoso e profesionalizado a favor dos peregrinos do Camiño de Santiago, ofrecendo información cun alto valor referencial.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata