A Xunta recoñece ao Consello de Europa como Embaixador do Camiño de Santiago pola súa labor de difusión, promoción e coñecemento da Ruta Xacobea
- Destaca que a institución favoreceu o coñecemento e divulgación da ruta, converténdoa en primeiro itinerario Cultural Europeo en 1987 e promocionou os valores xacobeos como unha herdanza común europea
- Salienta que cada vez son máis os peregrinos que percorren os distintos Camiños coa previsión de rematar o ano con preto de 350.000 peregrinos
Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2019
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe, na rolda de prensa do Consello, do recoñecemento como Embaixador do Camiño ao Consello de Europa, unha figura que, tal e como recordou, foi creada en 2013 para distinguir o labor de persoas e institucións que contribuíran ao coñecemento e divulgación da ruta e dos seus valores.
No caso do Consello de Europa polo seu papel clave na difusión, promoción e coñecemento da Ruta Xacobea e dos valores asociados á mesma. De feito, dixo, a institución favoreceu o coñecemento e divulgación da ruta, foi o artífice da súa declaración como primeiro itinerario Cultural Europeo en 1987 e ademais promocionou os valores xacobeos como unha herdanza común europea.
A continuación, e logo de precisar que son as institucións e as persoas as que verdadeiramente manteñen a vixencia do Camiño, Feijóo subliñou que cada vez son máis os peregrinos que percorren os distintos Camiños de Santiago. Tanto é así, subliñou, que os últimos datos sitúan nos 328.892 o número de peregrinos que chegaron a Compostela este ano, superando a cifra de todo o 2018 e coa previsión de rematar o ano con ao redor de 350.000 peregrinos “nas mellores condicións históricas e con optimismo de cara ao Xacobeo 2021”, engadiu.
Outras novas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado