A Xunta impulsa en Portomarín a primeira exaltación de viños do Camiño Francés en España, ao abeiro do programa O teu Xacobeo
- O delegado territorial, José Manuel Balseiro, e o tenente de alcalde do concello, Pablo Rivas, presentaron hoxe o evento “O viño co camiño”, que se celebrará esta fin de semana
Lugo, 15 de outubro de 2019
O concello de Portomarín acollerá esta fin de semana o evento “O viño co camiño: Primeira exaltación de viños do Camiño Francés en España”, que conta coa colaboración da Consellería de Cultura e Turismo a través do programa O teu Xacobeo.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o tenente alcalde de Portomarín, Pablo Rivas, presentaron hoxe esta iniciativa, na que participan as oito denominacións de orixe presentes na ruta xacobea francesa: Ribeira Sacra, Bierzo, Ribeira do Duero, Cigales, León, A Rioxa, Navarra e Somontano.
Os actos darán comezo o venres 18 ás 18.00 horas, cunha xornada técnica aberta ao público a cargo dun técnico da Denominación de Orixe Ribeira Sacra. O sábado ás 12 horas abrirán os stands das distintas denominacións e doutros produtos da zona -na praza do concello ou ben no pavillón, segundo as condicións meteorolóxicas- e atenderán ao público durante toda a xornada; contarán con animación musical a cargo dun grupo folclórico, unha charanga e unha orquestra. O domingo o recinto feiral abrirá entre as 12.00 e as 16.00 horas.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño