O ciclo Música no Camiño despídese en Santiago tras máis de 20 concertos para impulsar as bandas de música popular no verán
- A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asiste hoxe á actuación de clausura do programa a cargo da Banda de Música Unión de Guláns
- A iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia vén celebrando a edición deste ano desde o pasado mes de xuño
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2019
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, asiste hoxe en Santiago de Compostela ao concerto da Banda de Música Unión de Guláns, de Ponteareas, dentro do ciclo musical Música no Camiño, impulsado pola Xunta de Galicia, que pecha ás 19,45 horas a edición deste ano tras máis de 20 actuacións musicais a cargo de diferentes bandas populares galegas.
Desde o pasado mes de xuño o ciclo difundiu a cultura xacobea e desenvolveuse con concertos gratuítos abertos ao público en xeral, especialmente dirixidos aos peregrinos que chegan á etapa final do Camiño de Santiago. Os repertorios incluíron obras populares galegas, música contemporánea para banda e adaptacións de música moderna.
Na edición deste ano a Consellería de Cultura e Turismo colaborou coa Federación Galega de Bandas de Música Populares a través dun investimento de 60.000 euros que fixo posible a participación dunha vintena de agrupacións.
Este programa responde ás aspiracións do Goberno galego por fortalecer a cidade de Santiago de Compostela como meta do Camiño, un dos compromisos incluídos no Plan director do Camiño de Santiago e no Plan Estratéxico do Xacobeo 2021.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata