Román Rodríguez agradece o traballo das Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago na súa Asemblea Anual en Ourense
- O conselleiro de Cultura e Turismo destacou o traballo destas entidades ás que cualificou como ‘un dos grandes piares do fenómeno xacobeo’
Ourense, 9 de marzo de 2019
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, participou hoxe en Ourense na XXXII Asemblea Anual da Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, que reúne esta fin de semana a máis de medio centenar de membros dos colectivos xacobeos de todo o país.
O titular de Cultura e Turismo, que estivo acompañado pola comisaria do Xacobeo 21, Cecilia Pereira, e pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, agradeceu na súa intervención o traballo que realizan estas entidades como promotoras dos valores universais da ruta. Nesta mesma liña, Román Rodríguez cualificou o labor que desenvolven estas entidades como “un dos grandes piares do fenómeno xacobeo”.
Román Rodríguez recordou, así mesmo, que os colectivos xacobeos e as administracións públicas comparten obxectivos e proxectos, entre eles a preparación do Xacobeo 21, unha celebración que, como salientou, debe contar coa implicación de todos os axentes.
Outras novas
-
Tue Apr 28 13:00:00 CEST 2026
Rueda destaca o “crecemento espectacular” do Camiño Portugués da Costa, que multiplicou a súa afluencia na última década
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas