Turismo de Galicia aposta pola difusión dos valores do Camiño de Santiago a través da itinerancia de dúas exposicións
- Nesta semana foi inaugurada no municipio granadino de Guadix a exposición Acogida y Hospitalidad en el Camino de Santiago. Fotografías de Manuel G. Vicente que poderá visitarse no Palacio de Villalegre ata o 30 de marzo
- A mostra recolle unha selecta colección de imaxes que evidencian a importante labor que desempeñan os hospitaleiros voluntarios
- Por outra parte, Turismo de Galicia inaugurou no concello de Caudete a exposición Camino de Santiago. Una visión desde oriente do fotógrafo xaponés Tomohiro Muda
Turismo de Galicia continúa coa súa aposta por difundir os valores do Camiño de Santiago a través da itinerancia de exposicións que deixan de releve a importancia adquirida polo fenómeno xacobeo e o grande interese que continúa espertando.
Así, nesta semana foi inaugurada no municipio granadino de Guadix a exposición Acogida y Hospitalidad en el Camino de Santiago. Fotografías de Manuel G. Vicente que poderá visitarse no Palacio de Villalegre ata o 30 de marzo.
A mostra ofrece, a través dunha selecta colección de fotografías, unha homenaxe a todos os hospitaleiros que conforman unha pedra angular para as rutas xacobeas.
As imaxes, que foron sacadas nas últimas décadas, dende finais dos 90 ata hoxe, mostran a importante función que desempeñan estes voluntarios en diferentes albergues e puntos do Camiño de Santiago.
Así, permite afondar nesta labor desinteresada que realizan día a día as Asociacións de Amigos do Camiño e os hospitaleiros en todas partes do mundo inundando a Ruta Xacobea dunha esencia de fraternidade e solidarizade e difundindo os contidos culturais e espirituais do Camiño.
Ademais a exposición explica a través das fotografías como a medida que se avanza no Camiño, prodúcese unha comunicación a varios niveis: con un mesmo, coa propia Ruta Xacobea e cos compañeiros de Camiño, cos hospitaleiros e os paisanos.
A experiencia de Tomohiro Muda
Por outra parte, Turismo de Galicia, en colaboración coa Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Sudeste Caudete e o concello deste municipio de Albacete, inaugurou tamén a exposición Camino de Santiago. Una visión desde oriente, do fotógrafo xaponés Tomohiro Muda.
Estra mostra que chega a Castilla-La Mancha tras unha longa itinerancia iniciada en 2008 poderá visitarse na sala de exposicións da Casa da Cultura de Caudete ata o 25 de marzo.
A exposición ofrece a visión sobre a experiencia que a peregrinación produciu neste fotógrafo xaponés.
Outras novas
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’
-
Wed Mar 11 14:00:00 CET 2026
A Xunta inviste 50.000 euros na rehabilitación da ponte municipal da Áspera en Sarria no Camiño Francés