Turismo de Galicia celebra un encontro con representantes da ruta de peregrinación de Shikoku
O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita, e a directora xeral do Patrimonio Cultural, Mª Carmen Martínez, mantiveron unha xuntanza con representantes da Illa de Shikoku no Consello Económico e Social de Galicia en Santiago de Compostela.
O obxectivo da reunión foi continuar afondando na relación turística e cultural establecida entre Galicia e Xapón en torno as vías de peregrinación.
O encontro tivo lugar no marco do protocolo de colaboración asinado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e representantes das prefecturas xaponesas polas que pasa o Camiño Shikoku Henro -- Tokushima, Kochi, Ehime e Kagawa--, en torno a esta ruta de peregrinación e ao Camiño de Santiago.
Neste senso, Turismo de Galicia mantén contactos continuados con representantes de Shikoku co obxectivo de asesorar e colaborar na consolidación desta ruta de peregrinación, como xa fixo anteriormente co Camino Kumano co cal o Camiño de Santiago mantén un irmanamento dende 1998 a través do cal establécense estreitos lazos entre Galicia e a Prefectura de Wakayama.
Así, a través deste acordo estanse a deseñar e executar proxectos de colaboración a distintos niveis, encamiñados á valorización de ambas as dúas rutas, e á promoción dos seus valores patrimoniais, paisaxísticos, culturais e espirituais.
Mercado xaponés
En 2015, dos peregrinos que selaron a súa Compostela un total de 1.197 procederon do Xapón.
Neste ano, esta cifra vai en aumento, e no que vai de 2016 chegaron xa a Galicia 1.014 peregrinos xaponeses, o que supón un incremento do 22,5% en relación ao mesmo período de 2015.
Outras novas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado