10/set/2014

A Orde Franciscana fai entrega da Cotolaya número 55.000

A Orde Franciscana celebra neste 2014 o seu Ano Xubilar que conmemora o oitavo centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela. É precisamente en honra a este aniversario, que todos os peregrinos que percorren o Camiño até a tumba do Apóstolo baixo a protección de San Francisco de Asís e visitan o seu Convento, reciben a Cotolaya, un certificado expedido na propia igrexa franciscana, chamado desta forma en honra a Cotolay, fundador do convento, que se converteu neste ano nun obsequio adicional á tradicional Compostela que se entrega na Oficina do Peregrino.