O próximo 22 de agosto inaugurárase en Asís a exposición “Peregrino e Novo Apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago"
O próximo 22 de agosto, terá lugar na cidade italiana de Asís a inauguración da exposición “Peregrino e Novo Apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago” sobre a presenza franciscana no fenómeno Xacobeo e o seu legado cultural e espiritual. Permanecerá no Palacio Bonaquisti ata o 20 de outubro, en horario de 10 a 20 horas de luns a domingo.
A exposición está organizada pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo da Axencia de Turismo da Xunta de Galicia coa colaboración da cidade de Asís, a Orde dos Frades Menores, a Fondazione Cassa Risparmio di Perugia e o Centro Italiano di Studi Compostellani di Perugia.
A mostra forma parte do programa cultural preparado para a celebración do VIII centenario da peregrinación a Compostela de San Francisco de Asís (1214-2014) que se desenvolverá ao longo de 2014 e constará de exposicións, concertos, congresos, ciclos de cine, etcétera, convertendo a Compostela e a Galicia unha vez máis nun punto de referencia do turismo cultural mundial.
Obras de primeiro niel
As obras que se exhibirán nos diversos capítulos son de primeiro nivel e entre elas cóntase con cadros do Greco e Zurbarán, esculturas de Salzillo, Xosé Ferreiro e Salvador Carmona, ou pezas medievais da época do Santo procedentes de Inglaterra, Francia, Italia, Terra Santa, Al Andalus e Galicia.