29/abr/2013

Presentado o proxecto solidario "El Camino acaba en el Obradoiro"

Esta iniciativa, promovida por Río Natura Monbus Obradoiro coa colaboración de Turismo de Galicia, ten o obxectivo de promover o Camiño de Santiago a nivel internacional, converterá ao recoñecido ex-xogador da NBA Terry Porter nun peregrino que percorrerá as seis etapas do traxecto que une Sarria con Santiago de Compostela, completando o último tramo do Camiño Francés.

Ademais, o ex-xogador de baloncesto non estará solo nesta incrible experiencia, que seguro marcará a súa vida, senón que o fará acompañado de diferentes personalidades do ámbito do deporte e da política cos que compartirá a súa andadura.

Durante a semana que Terry Porter realizará o Camiño, do 4 ao 10 de maio, se publicará diariamente na website oficial do proxecto –www.elcaminoacabaenobradoiro.com- un capítulo duns dous minutos de duración cos momentos máis destacados de cada etapa.

Así mesmo, no mes de xuño presentarase un documental –en español e inglés- que recollerá toda a experiencia vivida pola estrela americana en terras galegas.

O proxecto ten un fin solidario xa que todos os beneficios xerados irán destinados á asociación “Boys & Girls Clubs of Portland Metropolitan Area”, que axuda aos nenos da zona ofrecéndolles un lugar seguro, divertido e limpo para ir cando non están na escola; e á creación da “Beca Terry Porter” a través da fundación Heracles que apoia ás familias máis desfavorecidas a través do baloncesto.