SEMINARIO LOCI IACOBI 2
Turismo de Galicia organiza, no marco do programa europeo Loci Iacobi 2, o seminario titulado “O Camiño de Santiago: asociacionismo, hospitalidade e espiritualidade” que terá lugar no Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela o próximo 9 de xuño de 9:00 a 13:00 horas.
Trátase dunha xornada cuxo obxectivo é o de afondar e difundir distintos aspectos que configuran unha parte esencial do Camiño de Santiago como principal Itinerario Cultural Europeo, así como consolidar o impacto cultural, económico e espiritual que supoñen os camiños xacobeos en Europa. Preténdese dar unha visión histórica e actual dos piares fundamentais do Camiño para o que escollemos, neste caso, o asociacionismo, a hospitalidade e a espiritualidade.
Este encontro supón unha excelente oportunidade para compartir experiencias e coñecemento cos nosos socios neste proxecto; Le Puy en Velay, Namur, Vila Pouca de Aguiar e Asis, así como difundir entre os estudosos e interesados no feito Xacobeo a trascendencia do Camiño e a súa proxección internacional.