Santiago será en 2014 a sede dun Congreso Internacional de Peregrinacións no Mundo
O xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, e mais o Secretario Xeral da Organización Mundial para o Turismo, Taleb Rifai, reuníronse hoxe en Yerevan, Armenia, no marco do encontro internacional que estes días se celebra no país euroasiático. Tras o encontro anunciaron a celebración durante o ano 2014 dun gran congreso internacional sobre Peregrinacións no Mundo que terá como sede a cidade meta do Camiño de Santiago, ruta que nestes días celebra o seu XXV aniversario como Primeiro Itinerario Cultural de Europa.
Santiago de Compostela acollerá este encontro que ten como finalidade analizar o fenómeno das peregrinacións no mundo dende a óptica cultural, económica, turística, relixiosa, ética ou histórica. O congreso internacional converterá á capital de Galicia no centro mundial do estudo da peregrinación nas diversas culturas do planeta.
Outras novas
-
Sun Apr 26 14:00:00 CEST 2026
O circuíto da Xunta ‘Cultura no Camiño’ chegará este verán a 90 concellos das rutas xacobeas
-
Tue Apr 21 09:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
-
Sat Apr 18 14:00:00 CEST 2026
Turismo de Galicia inviste máis de medio millón de euros na mellora da seguridade da Vía da Prata