A casa de Galicia en Madrid acolle dende mañá a exposición ‘Á luz do Calixtino. O Códice de Santiago’
Unha mostra didáctica sobre a historia e os contidos do Calixtino, o ambiente cultural no que naceu, a mentalidade da época, a catedral e a cidade de Santiago no século XII e unha síntese da historia do camiño de peregrinación e os seus valores culturais poderá verse a partir de mañá día 18 de outubro na Casa de Galicia en Madrid ata o próximo día 1 de novembro.
O proxecto expositivo, organizado pola S.a. de Xestión do Plan Xacobeo da Secretaría Xeral para o Turismo en colaboración coa Fundación Catedral de Santiago e co Museo do Pobo Galego, inclúe como complemento importantes exemplos da creatividade artística contemporánea, en especial as láminas orixinais de Francisco Leiro que acompañan á primeira edición íntegra en galego do Códex.
A seguinte itinerancia desta exposición, que leva por nome "Á luz do Calixtino. O códice de Santiago" está previsto que sexa a León, onde poderá verse no Museo da cidade.
+info: http://programacion.xacobeo.es/gl/eventos/luz-do-calixtino-o-codice-de-santiago-madrid