16/mar/2012

Alcaudete abre o seu albergue a todos os peregrinos do Camiño Mozárabe de Santiago

Membros da xunta directiva da Asociación Jacobea de Jaén mantiveron un encontro co alcalde de Alcaudete, Valeriano Martín Cano, no que lle informaron das diversas actividades que realizará a asociación este ano, ademais da decisión da asociación de que Alcaudete sexa la subsede da II Asemblea da Federación Andaluza de Amigos del Camino de Santiago que terá lugar os días 29 e 30 de setembro do 2012.

Martín Cano agradeceulle á Asociación Jacobea de Jaén pola promoción a través do Camiño Mozárabe que se fai de Alcaudete e tamén pola promoción que se fai do castelo da Orden de Calatrava e tende a man do Ayuntamiento para que a Asemblea da Federación sexa todo un éxito.

Outros dos asuntos a tratar era a apertura durante todo o ano do albergue de temporeiros de Alcaudete, situado nas aforas do municipio e por onde pasa exactamente o camiño que ven dende Martos. O presidente da asociación, Jacinto Fuentes detallou a importancia que ten, que os peregrinos conten en Alcaudete cun albergue onde poidan pasar noite, algo que provocaría un aumento considerable de peregrinos, que buscan transitar cada vez máis por camiños cunha infraestrutura pensada para eles. O alcalde da localidade mostrou todo o seu apoio á apertura do albergue para todos os peregrinos e nunha próxima reunión formalizará o acordo de forma oficial.

FONTE: Asociacion Jacobea de Jaen