La S.A. de Xestión do Plan Xacobeo promociona el Camino de Santiago en Australia
A xerente da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, Camino Triguero, desenvolverá unha apertada axenda en Australia entre o 20 e o 25 de novembro a prol da promoción do Camiño de Santiago, aproveitando unha misión comercial organizada pola Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vigo e na que tamén participa institucionalmente a Universidade de Santiago de Compostela.
Xunto con empresarios do Sur de Galicia que buscan abrir mercados nese país, a responsable da entidade pública encargada da conservación e promocións das rutas xacobeas tentará acrecentar o interese que as peregrinacións veñen suscitando nese país. Dende o ano 2004, no que se rexistraron oficialmente 480 peregrinos, ata este ano no que se levan contabilizados 1.388, a progresión de Australia é constante no ranking de nacións que máis peregrinos aportan, ocupando actualmente xa a 16 posición, xusto detrás de Corea do Sur, outro país en sorprendente e constante crecemento.
A axenda de traballo da xerente da S.A. do Plan Xacobeo inclúe reunións co director do Instituto Cervantes en Sidney, con responsables da Universidade Nacional de Australia en Camberra, con titulares do departamento de español en Melbourne e con diversos centros culturais e oficinas consulares españois. Camino Triguero tamén impartirá diferentes charlas nas que exporá o concepto e historia das peregrinacións a Santiago e a súa universalización e actualidade para responder á espectacular expectación que o fenómeno xacobeo está a suscitar en Australia e en toda Asia en xeral.
Outras novas
-
Fri Apr 10 14:00:00 CEST 2026
A Xunta e a Asociación de Amigos do Camiño promoven un Encontro de Corais o día 18 en Lugo
-
Tue Apr 07 13:00:00 CEST 2026
Xosé Merelles reafirma a folla de ruta da Xunta para un Xacobeo 2027 planificado e estruturado
-
Wed Mar 25 20:00:00 CET 2026
A Xunta abre o prazo para que a cidadanía, empresas e entidades presenten iniciativas no programa ‘O Teu Xacobeo’