25/out/2011

A cidade holandesa de Utrecht acolle unha gran exposición sobre a cultura xacobea

A mostra "Peregrinos. O Camiño de Santiago de Compostela" achéganos, ata o mes de febreiro, á tradición xacobea en Europa.

A cidade holandesa de Utrecht acolle desde o pasado 14 de outubro e ata o vindeiro 26 de febreiro a exposición "Peregrinos. O Camiño de Santiago de Compostela" considerada como a gran exposición da cultura xacobea en Europa Occidental. A mostra, supón unha nova achega dentro da liña de acción promocional do Camiño de Santiago que leva a cabo o Museo Catherjineconvent e a Asociación Holandesa de Amigos do Camiño. Asemade trabállase na realización dun congreso internacional que terá lugar do 2 ao 4 de novembro e explicará ao público o significado e a importancia das peregrinacións xacobeas.

A S.A. de Xestión do Plan Xacobeo contribúe a este proxecto cunha colección fotográfica sobre a peregrinación en España que a artista alemá Silvia Steinback realizou ao longo do Camiño Francés.

Lugar: Museum Catharijneconvent. Lange Nieuwstraat, 38  Utrecht (Holanda)
Datas: 14 de Octubre- 26 de Febrero
Horario de visitas: 16:00h. a 18:30h. 
Organizador: Museum Catharijneconvent de Utrecht e Asociación Belga de Amigos do Camiño de Santiago
Colaborador: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

+INFO: www.pelgrimsverhalen.nl | www.catharijneconvent.nl