20/feb/2015

O Xacobeo recibe a medalla ao merito de valença en recoñecemento a súa labor na proxección do Camiño Portugués

A Cámara Municipal de Valença entregou a Medalla ao Mérito do Municipio á S. A. de Xestión do Plan Xacobeo nun acto solemne celebrado en dita localidade fronteiriza con motivo da celebración da súa festa local dedicada á memoria de San Teotonio, o primeiro santo portugués.

A distinción foi acordada na reunión da Cámara do pasado día 28 de novembro recoñecendo a labor do Xacobeo que segundo afirmou "ten  permitido proxectar o trazado valenciano do Camiño Portugués de Santiago".

A medalla entregada polo Presidente da Cámara, Jorge Salgueiro Mendes, foi recollida polo director xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez.

A Sociedade Anónima do Xacobeo mantén o vínculo coa Cámara de Valença na investigación, promoción e dinamización das rutas xacobeas como un dos grandes referentes da localidade.